+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Novembro de 2019

MÁIS DUN CENTENAR DE NENOS PARTICIPAN NA II ANDAINA INFANTIL DE ARBO


A xornada en Arbo foi todo un éxito. Ao redor de 100 nenos camiñaron acompañados de adultos en dous percorridos, ambos con saída do museo Arabo. Un dun quilómetro de duración e outro máis longo de case cinco. Algún pequeno resbalón, sorrisos e caras de diversión son a anécdota dunha xornada na que os pequenos puideron combater a calor e o cansazo da mañá na piscina municipal durante toda a tarde. Alí tamén puideron gozar dunha apetitosa comida, refrescos, xogos e actividades. Ademais, os participantes tamén se puideron ir a casa con mochilas, camisetas ou mesmo libros.

Deja un comentario