+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

TENORIO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA AS SÚAS FESTAS CON 15 ACTUACIÓNS MUSICAIS, MONÓLOGOS, MISAS E UNHA CHOCOLATADA


O festexos arrancan o venres con pasarrúas da Banda de Cerdedo e verbena e o sábado repetirase o esquema con Foula e Banda de Tenorio

A parroquia de Tenorio vai celebrar esta fin de semana as súas festas na honra da Virxe do Rosario, San Roque e a Virxe do Carme cun completo programa caracterizado polos actos relixiosos, os monólogos, unha gran chocolatada e numerosas actuacións musicais, xa que haberá seis orquestras, dous grupos e a participación de ata sete formacións locais de música tradicional e de banda. As festas foron presentadas onte á noite polo presidente municipal, Jorge Cubela, e membros da comisión organizadora.

As festas arrancarán o venres, 7 de setembro, cun pasarrúas ás 19.00 horas da Banda de Cerdedo e un posterior concerto para dar paso á verbena con Nievla e Fama. Xa o sábado, haberá tirada de bombas, pasarrúas cos sons de gaita e percursión de Foula, misa solemne ás
13.00 horas cantada polo coro parroquial, sesión vermú con Foula, concerto da Banda Escola de
Música de Tenorio ás 21.00 horas e actuación de Ciudad de Vigo e do grupo Kien Lo Diría.

O domingo repetirase o esquema coa presenza matinal de Os Trazantes de Tenorio, que tamén amenizará a sesión vermú tras a misa solemne e cantada das 13.00 horas. No serán actuará a Banda Unión Musical de Tenorio e a verbena corresponderá ás orquestras Atlanta e La Dimensión.

Finalmente, o luns, 10 de setembro, o pasarrúas corresponderá a charanga Charandonga, que volverá actuar tras o oficio relixioso cantado polo coro, e pola noite, desde as 21.00 horas, haberá un monólogo de Pedro Brandariz. O peche das festas corresponderá a Saudade e ao grupo espectáculo Kubo e tamén haberá unha gran chocolatada no campo da festa, que estará cuberto por unha gran carpa por se houbese choivas.

Cubela agradeceu “o traballo e gran esforzo” da comisión por acadar un programa tan completo, “que rolda as 25 actividades ao longo de catro días e que permitirá gozar de ata 15 grupos de diferentes estilos musicais” e amosouse confiado en que as festas “serán un éxito de público polo tirón que ten Tenorio, que é a nosa parroquia máis poboada”.

Deja un comentario