+034 986 09 02 04 Venres 25 de Maio de 2018

O Concello de Ponteareas investirá máis de 95.000 euros en obras de adecuación do firme e ensanchamento de viais na parroquia ponteareá de Xinzo


O Concello de Ponteareas investirá máis de 95.000 euros en obras de adecuación do firme e ensanchamento de viais na parroquia ponteareá de Xinzo, en concreto nas obras de reposición e adecuación do firme do vial que comunica o barrio do Coto co do Peso e nas obras de ensanchamento de camiño público no barrio da Cividá, tamén en Xinzo.

A primeira actuación consistirá nas obras de resposición do firme do vial que comunica o barrio do Coto co do Peso, cunha lonxitude aproximada dun quilómetro e cunha anchura de 4 metros, cuxo pavimento se atopaba en mal estado como consecuencia do desgaste da capa de rodadura e que carecía de gabias e de pendente de bombeo cara as mesmas.

Cun orzamento de máis de 40.000 euros acometeranse no antedito vial obras cuxo obxectivo é mellorar as características funcionais de seguridade e comodidade para o cal se procederá ao recrecemento da capa de rodadura, mediante unha capa de mestura bituminosa en quente de 5 cms de espesor e base de zahorra artificial, así como a realización de gabias e corrección das pendentes para mellorar a drenaxe.

A segunda execución de mellora das vías públicas en Xinzo consistirá nas obras de ensanchamento e acondicionamento de camiño público no barrio da Cividá, cun orzamento de preto de 55.000 euros.

Estas obras que se levarán a cabo consistirán no acondicionamento e ensanche do devandito camiño do barrio da Cividá para obter un ancho mínimo de 4 metros para facilitar o paso e a manobra dos vehículos que circulan por el. Durante un prazo estimado de execución de nove semanas, levaranse a cabo obras de dotación de firme, composto por capa de rodadura formada por mestura bituminosa en quente, así como obras de construción de drenaxe do vial, a través dunha gabia na marxe máis axeitada. Así mesmo, acometanse labores de desbroce e rebaixe do terreo así como a xeración de terrapléns e muros de contención nenesarios, e recolocaranse os postes de electricidade e iluminación que obstaculicen o trazado do vial que se pretende ensanchar. Coa finalidade de obter o ancho mínimo necesario, levarase a cabo obras de retranqueo nalgúns puntos de peches de fincas ou en paramentos de vivendas e construcións auxiliares, que serán novamente repostos.

O Concello de Ponteareas, a través do alcalde, Salvador González Solla, quere agradecerlles aos propietarios afectados polas obras de ensanche do camiño a súa colaboración para facer posible que este vial poida acadar un ancho que permita unha maior fluidez do tráfico rodado.

A través destas obras, e doutras que xa se levaron a cabo noutras parroquias, continúase, segundo o rexedor ponteareán, co plan de mellora das vías de circulación municipais, tanto urbanas como do rural, coa finalidade de facilitar o tránsito seguro e as mellores condicións para a circulación viaria.

Deja un comentario