+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

BUEU INAUGURA UNHA EXPOSICIÓN SOBRE ALEJANDRO DE LA SOTA, ‘FARO DA ARQUITECTURA’


O acto de inauguración celebrouse este martes na Praza Massó coa presenza do fillo do homenaxeado e do presidente da delegación pontevedresa do COAG
A Praza Massó de Bueu acolleu este martes o acto de inauguración oficial da exposición “Alejandro de la Sota 1913-1996”, no que estiveron presentes o fillo do homenaxeado, Juan de la Sota Rius, así como o presidente da delegación pontevedresa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Manuel Abelleira Argibay, e membros do goberno local bueués. A mostra, que se poderá ver ata o 16 de setembro, emárcase na programación que organizou o COAG coincidindo co Ano das Artes Galegas 2018 que se lle adica a De la Sota, e conta cunha peculiaridade: “que está preparada para un espazo aberto e urbano”, tal e como destacou Abelleira.
Juan de la Sota lembrou a estreita relación do seu pai coa ría de Pontevedra, un espazo no que foi moi feliz pero ao que tivo que renunciar para avanzar na súa vida profesional. Con todo, esta mostra simboliza “esa luz que ilumina no horizonte, coma un faro que che indica onde estás e che axuda a decidir cara onde queres seguir”, tal e como destacou para referirse ao seu pai, cuxa labor “é aínda máis importante hoxe en día no medio do caos no que se converteron o urbanismo e a arquitectura”.
O alcalde salientou a “preocupación permanente do goberno local por celebrar actos onde as artes sexan as protagonistas”, unha labor que ten que ver co mantemento da memoria pasada para a construción dun mellor futuro. Na mesma idea abondou o concelleiro de urbanismo, Martín Villanueva, que declarou que “é importante dar a coñecer a toda a cidadanía a figura de De la Sota, clave para entender o urbanismo do século XX”.
O alcalde salientou a “preocupación permanente do goberno local por celebrar actos onde as artes sexan as protagonistas”, unha labor que ten que ver co mantemento da memoria pasada para a construción dun mellor futuro. Na mesma idea abondou o concelleiro de urbanismo, Martín Villanueva, que declarou que “é importante dar a coñecer a toda a cidadanía a figura de De la Sota, clave para entender o urbanismo do século XX”.
A exposición consiste nunha serie de estruturas prismáticas que se situarán no interior da Praza Massó. Cada prisma acolle unha temática, e cada temática presenta dous proxectos do arquitecto, ademais de pezas de mobiliario: “espazo para habitar”, “espazo para a docencia”, “espazo para o deporte”, “espazo para a industria”, e outro prisma irá adicado ao ideario de Alejandro de la Sota.
Alejandro de la Sota é unha das figuras chaves para entender a arquitectura española da segunda metade do século XX. Naceu en Pontevedra en 1913, foi Premio Nacional de Arquitectura en 1974, Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (1986), Medalla de Oro de arquitectura (1988) e Premio Antonio Camuñas (1993).
Entre as obras emblemáticas desta figura da arquitectura española están a casa Domínguez en Pontevedra, o Ximnasio Marabillas, o pavillón Municipal de Pontevedra, o Goberno Civil de Tarragona ou o edificio de Correos e Telecomunicación de León.
O motivo de que esta exposición recale en Bueu logo de percorrer as principais cidades galegas, está na relación que a familia De la Sota tivo con Bueu, e dos lazos estreitados coa familia Molezún, que tamén estivo presente no acto de hoxe, das numerosas visitas á Illa de Ons e do amor pola ría de Pontevedra e as súas paisaxes.

Deja un comentario