+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN SACA A CONTRATACIÓN AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA ANTIGA ESTRADA PROVINCIAL DE A LOMBA


O deputado de Mobilidade Uxío Benítez lembra que os traballos superan os 233.000 euros e que a intención é inicialos neste ano

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno a contratación das obras de mellora da estrada provincial EP-5003 no lugar de A Lomba, no Concello de Arbo. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que as empresas interesadas poderán presentar en breve as súas ofertas, que deberán ser estudadas polo persoal técnico provincial para escoller a mellor proposta técnica e económica.

O responsable da rede provincial de estradas destaca que o investimento na reforma desta vía supera os 233.000 euros e subliña que a intención é que as obras poidan comezar neste ano. As obras realizaranse grazas ao convenio asinado entre a institución provincial, que aportará o 70% e o goberno local, que financiará o 30%. A vía será transferida ao concello unha vez realizada a mellora.

O proxecto foi unha proposta do Concello motivada pola necesidade de acondicionar dous treitos antigos da estrada que quedaron en desuso logo da construción da variante da vía, así como da necesidade de instalar saneamento e abastecemento de auga. As obras, explicou Benítez, consistirán na mellora integral do firme, na creación de dúas sendas peonís de 2,5 metros de largo, na renovación da rede de abastecemento, nunha nova rede de saneamento e un novo bombeo, no soterramento de canalizacións de telefonía e enerxía eléctrica, e nova iluminación led.

Deja un comentario