+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA O 23 DE SETEMBRO UN MERCADO SOBRE O MAR


Celebrarase na Banda do Río durante todo o día e a el poderán sumarse todos os establecementos bueueses que o desexen
O Concello de Bueu, coa colaboración da Asociación Veciñal da Banda do Río, organiza o vindeiro 23 de setembro un mercado mariñeiro no barrio da Banda do Río, co obxectivo de dinamizar este espazo. Por iso, e de cara á organización dos diversos postos de venda, desde a concellaría de promoción económica faise un chamamento a todos os establecementos comerciais da vila que queiran participar, os cales se poderán poñer en contacto co Departamento de Desenvolvemento Local, no 2º andar da Casa do Concello, no teléfono 986390029 ou no correo electrónico aedl@concellodebueu.gal.
Esta experiencia créase para promover a parte produtiva, cultural e servizos vinculada co mundo do mar, e por iso ademais de expositores de venda, o mercado contará con actividades complementarias relacionadas co mundo do mar.
O goberno local leva traballando desde o 2013 na aposta polos mercados ecolóxicos, artesanais e temáticos, cuxos obxectivos son revitalizar e promover o consumo de produtos de proximidade, fomentar a relación entre consumidor e vendedor e recuperar as prazas e rúas como espazos de convivencia.

Deja un comentario