+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE ARBO, SEGUE MELLORANDO OS CAMIÑOS RURAIS


O Concello de Arbo acaba de realizar obras para a mellora do Camiño Vieiro – Agroy na Parroquia de Mourentan e comeza obras no camiño da Bouza na parroquia de Arbo.
Dentro do Plan de Melloras de camiños e estradas municipais o Concello de Arbo, acaba de rematar as obras de hormigonado do Camiño Vieiro-Agroy. As obras consistiron no hormigonado do camiño debido ao deterioro sufrido pola falta de mantemento dos últimos anos o que supuña un risco para os veciños e demais peóns que utilizan de forma continua esta senda. Con esta mellora tamén se trata de protexer a rede de saneamento que transcorre polo camiño que en partes xa estaba en terra, o que como consecuencia podía carrexar problemas co servizo e deixar as vivendas conectas a rede sen esta prestación.

Asemesmo, nos últimos días deron comezo as obras da construción de muro de sostén no camiño da Bouza.

As obras que se están levando a cabo consisten na construción de muro de sostén e ampliación do vial para mellorar o acceso a Fraga.

O Concello xustifica esta obra para mellorar o servizo de acceso dos peóns e vehículos, por esa vía, e contribuír así como plan de melloras en infraestrutura e estradas municipais.

Deja un comentario