+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

PONTE CALDELAS APOSTA POR TRANSMITIR AS CANTIGAS E BAILES POPULARES ÁS NOVAS XERACIÓNS


O Concello abre o prazo para un programa de convivencia familiar que ten como protagonista a música da terra

O Concello de Ponte Caldelas celebra un obradoiro, dentro do programa Tecendo Lazos, da Deputación Provincial, para contribuír a recuperar e promocionar a música popular. A actividade, que leva por título “Cantigas e Bailes de Sempre” celebrarase no mes de outubro.
Hai un total de 30 prazas que se cubrirán por orde de presentación das solicitudes de inscrición no Rexistro municipal. O prazo de presentación remata o día 21 deste mes de setembro. O horario será, entre o 3 de outubro e o 21 de novembro, de 18 a 20 horas tódolos mércores.
A actividade está dirixida a familias, é dicir avós, pais e netos, que queiran ocupar unhas horas de lecer xuntos compartindo os bailes e as cancións típicas de Ponte Caldelas. Terán preferencia ás inscricións familiares que agrupen a persoas de distintas xeracións porque o espírito do programa consiste na transmisión interxeracional das tradicións. Os membros dunha mesma familia entregarán unha única solicitude.
As prazas son para persoas empadroadas en Ponte Caldelas, aínda que se non se cobren na súa integridade poden abrirse a persoas doutros municipios. Aínda así deberán entregar o volante de empadroamento dos seus concellos.
Para inscribirse basta con achegar fotocopia do DNI dos participantes, autorización para os menores e fotocopia do volante de empadroamento.

Deja un comentario