+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Novembro de 2019

DOMINGO DE “ MERCADIYO”EN SABARÍS


Esta mañá o salón de plenos do Concello de Baiona acolleu a presentación do rastro familiar “ Mercadiyo”, festa da reciclaxe. Un bonito evento que ten por slogan “o que a ti che sobra, outros o necesitan” no que ao redor de 50 participantes expoñerán nos seus postos todo aquilo que se adoita gardar no rocho. Entre os tesouros que se poderán descubrir este domingo, 9 de setembro, na Avenida Julián Valverde de Sabarís, están pezas de roupa, accesorios, aveños domésticos, obxectos persoais… que se teñen por casa e xa non se utilizan, pero poden ter unha segunda vida en mans doutra persoa.
Será a primeira vez que un evento deste tipo celébrase na vía pública, para iso conta coa colaboración do Concello de Baiona, que acolleu con gran entusiasmo o evento organizado pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor ( OVALMI) e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís ( COEMSA).
Para incentivar aos participantes a organización outorgarán dous premios: un ao posto máis orixinal e o ouro á familia máis animada.
Desde as 11:00 ata as 21:00 horas unha infinidade de actividades encherán a rúa. Instalaranse catro escenarios ao longo da avenida e cada un deles acollerá unha actividade. Os materiais reciclados, a repostería e a música serán os tres alicerces sobre os que se sustentarán as actividades. Poderase gozar de talleres con materiais reciclados, talleres de repostería (tamén de reciclaxe), talleres de música, concertos…
O vindeiro domingo poderanse gozar dunha bonita xornada de ambiente familiar e educativo na que os máis pequenos e os mozos poderanse concienciar da prolongación da vida útil das cousas, unha práctica que un tempo pasado era bastante común e que cada vez está máis en desuso.

Deja un comentario