+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

A XADRECISTA BAIONESA MIREYA REPRESA RECIBIDA NO CONCELLO POLA SÚA IMPARABLE TRAXECTORIA


A xogadora do Club de Xadrez Laroca de Nigrán, a Mestra Fide Mireya Represa Pérez -veciña de Sabarís (Baiona)-, foi recibida no Concello de Baiona polo Alcalde, Ángel Rodal, e a Concelleira de Deportes, Mª Jesús Martíns.
Mireya Represa proclamouse campioa de España na categoría Sub-18 grazas aos 5.5 puntos conseguidos no Campionato de España de Xadrez celebrado o pasado mes de xullo na localidade granadina de Salobreña.
A xadrecista baionesa recentemente ascendida a esta categoría conseguiu o campionato a falta dunha xornada, finalizando no posto 24 da clasificación xeral, partindo do posto 41 no ránking inicial. Con este novo triunfo, suma cinco Campionatos de España, tras gañalos nos anos 2010, 2011, 2013, 2017 e 2018.
A última gran cita da baionesa foi nos Campionatos de Europa en Riga (Letonia) nos Campionatos que se celebraron do 19 ao 30 de agosto e onde Mireya conseguiu un merecido noveno posto.
O Alcalde de Baiona aproveitou a ocasión para felicitar a Mireya Represa Pérez pola súa imparable traxectoria. Rodal declarou que é un auténtico pracer para Baiona ter un veciño do nivel da xogadora.

A Concelleira de Deportes, sumouse á felicitación do rexedor e agradeceu á xadrecista que o nome da localidade vinculásese aos seus triunfos.

Deja un comentario