+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE BUEU CONTRATARÁ A DOUS MONITORES DEPORTIVOS


O anuncio publicouse este venres no BOPPO, e o prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles, é dicir do 10 ao 14 de setembro
O Concello de Bueu abre o prazo para participar no proceso selectivo de contratación de dous monitores deportivos para o novo curso do programa “Bueu Concello Saudable”, que estará activo entre outubro deste ano e xuño do 2019. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles a contar dende a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), é dicir entre o 10 e o 14 de setembro, ambos incluídos.
O procedemento de selección desenvolverase nun único exercicio obrigatorio e eliminatorio, e consistirá en responder un cuestionario de vinte preguntas tipo test sobre o temario incluído nas bases. Entre os temas están a organización do deporte municipal, a execución e organización dun evento deportivo, os programas de animación deportiva, os aspectos fisiolóxicos da actividade físico – deportiva, o deporte escolar, a normativa das instalacións municipais e o equipamento…
As persoas que resulten contratadas deberán impartir as actividades inseridas no proxecto “Bueu Concello Saudable”: ximnasia para maiores, ximnasia de mantemento, ximnasia para persoas con mobilidade reducida, matroximnasia, ximnasia prenatal, ximnasia para persoas con discapacidade intelectual e Pilates.
Listaxes de traballador@s sociais
Por outra banda, o Concello de Bueu tamén abre o prazo para presentar solicitudes de cara a participar no proceso selectivo para listaxes de contratación dun traballador/a social de cara á cobertura de baixas ou substitucións temporais. O prazo de presentación será do 10 ao 14 de setembro e deberá facerse mediante instancia dirixida ao alcalde.
Posteriormente, as persoas admitidas someteranse a un proceso selectivo que constará dun primeiro exercicio de coñecementos con trinta preguntas sobre o temario anexo ás bases, unha proba de suposto práctico e, por último, unha proba de coñecemento de lingua galega.
Concluída a cualificación final do proceso selectivo publicarase a relación total de aspirantes aprobados e elaborarase a listaxe de persoas que formarán parte da bolsa para a súa posterior contratación.
As bases de ambos os dous procesos selectivos poderá atoparse na Sede Electrónica do Concello, con acceso desde a web municipal www.concellodebueu.gal.

Deja un comentario