+034 986 09 02 04 Martes 19 de Novembro de 2019

“LA CUCHARITA” RECIBE O PREMIO COMO LOCAL GAÑADOR DO CONCURSO CALDELAS TAPAS


O xurado profesional valorou o sabor e a presentación

A cafetería La Cucharita recibiu hoxe o galardón que acredita a este establecemento como gañador da cuarta edición do concurso gastronómico Caldelas Tapas, o evento que dinamizou as noites de venres do pasado mes de xullo.
Unha representación do Goberno local encabezada polo alcalde, Andrés Díaz, e formada polos concelleiros Enrique Vidal, Pilar Couto, Alfonso Gutiérrez, José Manuel Martínez e Lito Muíños fixo entrega da escultura institucional do pescador e do diploma aos autores da tapa “Cucharita de Escabeche”, un prato que mereceu os parabéns do xurado profesional.
A responsable do local, Karina, e a súa cociñeira, Pilar, foron as encargadas de recoller o premio e agradecer ao Concello a organización deste certame, que supuxo un importante movemento de público durante todo o mes de xullo. Ao tempo, un gran esforzo para os locais participantes nos que se serviron entre 200 e mesmo máis de 300 tapas cada noite.
A cuarta edición do Caldelas Tapas pechou con máis de 10.000 tapas servidas e un impacto económico producido sobre a hostalería local, só contabilizando o prezo das racións e sen valorar as consumicións a maiores, que superou os 25.000 euros.
Nesta edición participaron, ademais de La Cucharita, Tapería Alalá (Delicia de Verano), Verdugolandia (Chipirones rellenos), O Recanto (Dona Burguer), La Tribu (Flecha Marina), Acuña (O cóctel de verán), Asador del Chavo (Brocheta de pollo y sésamo con mayonesa de soja), Albergue Jamarte (Pincho marinado sobre migas y pesto), La Cucharita (Cucharita al escabeche), Cervecería Alameda (Delicias del parisién), Mesón Nolito (Dulce y salado), Mesón Parada (Brocheta de ultramar), Bora Río (Pan de allo con richada mixta) e Casa 501 (Milhojas de solomillo).

Deja un comentario