+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

FÁTIMA ABAL CONSEGUE QUE A FESTA DO ALBARIÑO SEXA CONSIDERADA DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL


Unha única solicitude por parte da Alcaldesa de Cambados Fátima Abal, para que unha das súas festas máis emblemáticas fose considerada de Interese Turístico Internacional, deu hoxe os seus froitos. A Secretaría de Estado de Turismo enviou hoxe o comunidado outorgándolle este título honorífico tan desexado.
Esta festa que xa formaba parte de Festas de Interese Turístico Nacional, está considerada a festa vinícola máis antiga de Galicia comezando hai 66 anos como un concurso entre colleiteiros, logrando ano tras ano a principios de agosto implantarse como unha data na que non se debe deixar de acudir, para poder degustar os mellores caldos froito da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Fátima Abal, detalla que este foi un dos seus obxectivos conxuntamente coa sua concelleira de Turismo, Milagros Martínez ,desde a súa chegada ao goberno cambades e sentense moi orgullosas do logro alcanzado, o que fará de Cambados un lugar de encontro de viticultores de todo o mundo, logrando con iso a dinamización do concello e a imaxe de Cambados de fronte ao mundo.

Deja un comentario