+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

CUBELA ANUNCIA “XESTIÓN POLÍTICA CULTURAL” EN TORNO A CINCO FIGURAS DURANTE A ENTREGA DO PREMIO NÉLIDA PIÑÓN


O Concello de Cerdedo-Cotobade acolleu no serán de onte a entrega do II Premio de Relato Breve Nélida Piñón, coa que se inauguraron as III Xornadas Turísticas, Históricas e Culturais Cuspedriños10, organizadas en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia.
No acto, dirixido polo presidente municipal, Jorge Cubela, e que contou coa presenza da escritora brasileira, fíxoselle entrega do galardón a Daniel Asorey por “Anatema” e de senllos accésits a Rosendo Cid e Xesús Fraga por “37 vidas breves” e “Roller Girl”, respectivamente.
O evento, que ateigou o salón de actividades do consistorio, contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do secretario xeral técnico da consellería, o cotobadés Jesús Oitavén; e do deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, entre outros.
Na súa intervención, Cubela anunciou que o Concello vai seguir desenvovendo “xestión política” no eido cultural para manter a posición de vangarda no ámbito galego e para promocionar o legado inmaterial do municipio ata levalo ao lugar que se merece. Para elo, indicou que se vai afondar na potenciación da figura de Antonio Fraguas, Letras Galegas 2019, na exposición da traxectoria de Antonio Rodríguez Fraiz, na colaboración coa Fundación Figueroa, no estudo histórico e social a través de Xosé Fortes e na posta en valor e a difusión dunha figura única como Nélida Piñón.

Deja un comentario