+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE ARBO, ACABA DE APROBAR A ORDENANZA REGULADORA DAS AXUDAS DE SERVIZOS SOCIAIS


 

Co fin de dispensar unha atención básica e urxente no momento en que as necesidades se produzan, así como apoiar aquelas persoas, familias, ou unidade de convivencia que carecen de recursos económicos para satisfacer as súas necesidades básicas(en relación coa alimentación,aloxamento, etc.), ou calquera outra situación que poida suponer un factor de marxinalidade ou risco de exclusión social.
Considéranse axudas de emerxencia social, aquelas prestacións económicas de pago único, de carácter extraordinario e finalista, destinadas a resolver as situacións de emerxencia que afecten ás persoas ou familias as que sobreveñan situacións de necesidade o se vexan privados dos medios de vida primarios e imprescindibles.
A contía máxima da Axuda de Emerxencia Social non poderá exceder dos 1000 euros por beneficiario/a no mesmo exercicio económico. Poderán solicitar axudas económicas as persoas físicas por si mesmas ou en nome da súa unidade familiar que, reunindo os requisitos establecidos, atravesen unha situación de necesidade social.
As axudas están destinadas a atención dos gastos derivados do uso da vivenda (¨gasto de alquiler, Créditos hipotecarios, recibos de auga , luz..), alimentación básica e hixiene persoal , gastos de atención sanitaria e outros tratamentos, axudas de apoio a infancia (Libros e/ou outro material escolar, Actividades extraescolares. Importe máximo de 50 €/ano, pagamentos de desprazamentos dentro do propio concello para a realización de xestións ou a asistencia a actividades relacionadas cos programas de educación familiar, do servizo de axuda no fogar ou de asistencia a recursos sociais, educativos ou sanitarios do propio concello, Axudas destinadas ao pagamento parcial ou total de audiófonos, tratamentos odontolóxicos non financiados polo Servizo Público de Saúde, entre outras. As achegas teñen o limite marcado na ordenanza reguladora. Para máis información nos Servizos sociais do Concello de Arbo de luns a Xoves.

Según manifesta o alcalde do Concello Horacio Gil, a finalidade será dispensar unha atención básica e urxente no momento en que estas situacións de necesidade se produzan; así como apoiar a esas persoas en risco social. Está dirixida a persoas individuais, unidades familiares e/ou unidades de convivencia que carezan de medios económicos e nas que concorran factores de risco, sendo sempre un apoio á intervención social.

Deja un comentario