+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

O PP DE PONTEAREAS SOLICITA A INFRAESTRUCTURAS DA XUNTA MELLORAS NA PO254 PONTEAREAS-MONDARIZ


Belén Villar reúnese con Francisco Menéndez para trasladarlle as necesidades dos veciños de Bugarín, Prado e Pías con respecto á estrada que une a nosa vila con Mondariz

Belén Villar, presidenta e portavoz do PP de Ponteareas, reuniuse a semana pasada con Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestruturas, para expoñer a problemática da PO254 Ponteareas-Mondariz, ao seu paso polas parroquias pontareanas e solicitar unha serie de melloras para subsanar as dificultades coas que se atopan os veciños á hora de saír e entrar cos seus vehículos nos diferentes accesos.
Desde o PP de Ponteareas solicitamos á Axencia Galega de Infraestruturas que se melloren as interseccións da PO254, ao seu paso polas parroquias de Bugarín, Prado e Pías, mediante a construción dunha serie de carrís de espera para mellorar a visibilidade e co fin de evitar accidentes de circulación.
Entre outras actuacións, Belén Villar solicitou a Francisco Menéndez que se fagan uns carrís de espera e incorporación na parroquia de Bugarín, no cruce que vai á igrexa parroquial e tamén na entrada á Freixa. Tamén apuntou que era de gran importancia mellorar a intersección na subida á igrexa de Prado. E con respecto á PO254 ó seu paso por Pías, Belén Villar sinalou que aínda que a intersección xa conta cun carril de espera, sería necesario volver pintar as marcas viarias en aras de incrementar a seguridade na zona.

Deja un comentario