+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

O CONCELLO DE ARBO, ANUNCIA O REMATE DAS OBRAS EN SANDE, VENTANA E O COMEZO DAS MELLORAS EN LADEIRA E DOÑOS


O Concello de Arbo, anuncia o Remate das obras en Sande, Ventana e o comezo das melloras en Ladeira e Doños da parroquia de Mourentan, Bouza en Arbo e Escampado en Cabeiras, bombeo en Sela e melloras nos sendeiros dos Pescadores, o das Pesqueiras e o Sendeiro do Miño – Deva

O Concello de Arbo, pretende seguir mellorando a súa rede municipal de estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Unha das prioridades e mellorar a seguridade vial en todas as estradas, executando ensanches e mellorando o trazado de tramos máis perigosos.

As últimas obras rematadas son o acceso a Sande, o recinto da capela donde se ademais de pavimentar se colocou unha varandilla, e no barrio da Ventana adonde ademais de pavimentar o xa existente se mellorou un tramo que se atopaba en terra. Tamen deron comezo as obras de Ladeira e Doños da parroquia de Mourentan, Bouza en Arbo e Escampado en Cabeiras e Bombeo en Sela.

Según manifesta o Alcalde do Concello de Arbo, dada a amplia superficie do Concello, e o gran numero de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto esta é complicado, sendo necesarios proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que mellore4n a seguridade vial coa optimización do trazado, pero que dende o Concello se esta dando prioridade as estradas que supoñen risco para os veciños, as que por mor dos temporais sufriron graves danos. O rexedor informa de que o Concello de Arbo, pode realizar estas obras, debido o seu custo, a través das subvencións que recibe de outras entidades, e que esta atendendo as demandas dos veciños e que na medida do posible se melloraran todos as estradas dos núcleos de poboación. Xa se levan acometida obr as de melloras en todas as parroquias, o Acceso a Igrexa, a PO-400, a rotonda da Vila, a Granxa, Merelle, LAguallo, Devella, Espedregada, Teimende en Arbo e Lamas en Sela obras de grande envergadura porque foron destruidas durante os temporais, camiño da Rasela, Couto-PAravedra, entre moitas outras, mais dun 60% das estradas do Concello de Arbo, foron melloradas nestes catro anos de goberrno.

Deja un comentario