+034 986 09 02 04 Luns 19 de Novembro de 2018

BELÉN VILLAR ACEPTA O RETO DE RECUPERAR A ALCALDÍA NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2019


A dirección provincial e local a nomeará oficialmente candidata nun acto aberto a todos os veciños
O PP de Ponteareas presentará, este sábado, a candidata encargada de recuperar a Alcaldía nas eleccións municipais do vindeiro ano 2019. Ese reto correrá a cargo da actual presidenta local e deputada provincial, Belén Villar González.
Tras tres comicios ca mesma cabeza de cartel, o Partido Popular decidiu dar paso a outras caras e así intentar gañar con maioría absoluta.
“Seguimos sendo o partido maioritario en Ponteareas, pero iso non chega, temos que esforzarnos máis que os demais partidos, porque nós só podemos gobernar con maioría absoluta, votar a outros partidos é apoiar gobernos de coalición, A xente pediunos renovación e maior apoio”.
No acto de presentación, aberto aos veciños, intervirán o actual conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, o vicepresidente e Presidente

 

Provincial, Alfonso Rueda, a presidenta da Mesa do Congreso dos Deputados, Ana Pastor Julián e a presidenta local do PP de Ponteareas, Belén Villar González.
O PP de Ponteareas considera este acto como inicio da carreira as próximas eleccións municipais xa que “queda pouco tempo para recuperar a confianza dos veciños”.
Dende a formación popular teñen claro que “hai que traballar duro, quedan moitas cousas pendentes en Ponteareas que necesitan solución urxente. Xa comezamos a redacción do noso proxecto e nos vindeiros meses teremos reunións por Ponteareas para coñecer de primeira man as necesidades dos veciños. Todas aquelas propostas que sean posibles serán incluidas no noso proxecto. Polo que instamos os veciños a que nos deixen as súas suxerencias na nosa sede local ou no correo electrónico sede@ppdeponteareas.es . “
O PP de Ponteareas creará un proxecto integrador, moderno e terá en conta a opinión dos veciños. “Os veciños son os que coñecen a realidade do noso municipio. Entramos nunha fase na que toca escoitar máis que falar. Intentaremos recoller todas as reinvindicacións e a partir de ahí faremos o noso proxecto para ser presentado antes das municipais”.

Deja un comentario