+034 986 09 02 04 Martes 13 de Novembro de 2018

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS SUBVENCIÓNS CULTURAIS E DEPORTIVAS


O Concello repartirá case 60.000 euros entre os clubes, asociacións e escolas de música da vila
Desde o 14 de setembro, as asociacións culturais e clubs deportivos poderán solicitar as subvencións do Concello de Bueu. Os respectivos anuncios foron publicados este venres no Boletín Oficial da Provincia e o prazo será de 15 días naturais.
Así, o Concello repartirá case 60.000 euros para asociacións da vila, concretamente 25.000 para as culturais, 5.000 para as escolas de música e 29.000 para os clubes deportivos. A principal novidade deste ano é as solicitudes se deberán presentar mediante a sede electrónica do Concello, unha esixencia que se produce tras os novos cambios introducidos cos cambios na lexislación.
No caso concreto das bases de cultura, destácase que haberá dúas liñas: a de actividades desenvoltas polo tecido asociativo no 2017 e a de funcionamento das escolas de música. Ademais, introdúcense o fomento da igualdade e da lingua como criterios a valorar, así como outros que se detallan nas propias bases.

Toda a información atópase dispoñible na páxina web: www.concellodebueu.gal.

Deja un comentario