+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

O CONCELLO DE BAIONA MOSTRA O SEU AGRADECEMENTO Á ACTRIZ MARÍA CASTRO POLA SÚA IMPLICACIÓN NA REFORESTACIÓN DO MONTE TRAS OS INCENDIOS


O Concello de Baiona brindou esta mañá unha recepción á actriz María Castro Jato co fin de agradecerlle a súa implicación na reforestación do monte de Baiona tras os incendios do ano pasado.
O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a Primeira Tenente de Alcalde, María Iglesias, reuniuse esta mañá coa actriz para mostrarlle o seu agradecemento e polo tanto o de todos os veciños e as veciñas da Vila.
Rodal mostrou a súa satisfacción por esta visita que tivo un carácter especial, pola motivación do encontro e a estreita relación existente entre a actriz e o Concello de Baiona, unha vinculación que foi sempre en beneficio da imaxe o municipio.
O Alcalde e a Primeira Tenente de Alcalde fixéronlle entrega dunha lámina de Irene Silva, artista de Belesar, unha dos grandes referentes da cultura galega neste ámbito. A imaxe que se elixiu é a da Virxe da Roca, en recordo do lugar no que se levou a plantación que tivo lugar esta mañá e un símbolo identificativo de Baiona, para que a actriz leve este bonito recordo a Madrid e esta peza característica da nosa cultura galega.
O Alcalde de Baiona lembrou o compromiso de Castro, nacida en Vigo, aínda que está moi unida ao municipio veciño de Baiona, onde veranea desde que era pequena e onde escápase sempre que pode, non só co Concello, senón cos veciños e veciñas e a sociedade de Baiona.
A actriz comprometeuse no programa El Hormigero de Antena 3, tras a súa pedida sorpresa de matrimonio ante os telespectadores e o propio Pablo Motos, e a proposta dun plan para a súa voda proposto polo seu futuro marido, José Manuel Villalba, a: «Van ser tres días, se che parece ben», explicaba. «Venres, sábado, domingo, gustaríame o venres como será en Baiona, gustaríame que fósemos a reforestar con xente de Baiona», dicíalle José Manuel Villalba. «En serio?», preguntaba emocionada María Castro. «Si, eu comprométome a convidar a viño, cervexa e empanada á xente do pobo que estivo alí con cubos», referíndose á recente vaga de incendios que golpeou con especial virulencia a zona o pasado mes de outubro.
María Castro e o seu futuro marido cumpriron a súa palabra e tras a especial recepción no Concello de Baiona, dirixíronse, acompañados polo Alcalde e os concelleiros, ao parque Mercedes da Escaleira, lugar onde se alza o monumento á Virxe da Roca, un lugar onde a actriz xogou moitas veces na súa infancia, para comezar a reforestación cun centenar de veciños e veciñas na que tamén participaron os seus familiares, e levar a cabo a plantación de cién árbores autóctonas e logo realizar a posterior celebración.
Por todo iso, Ángle Rodal reiterou o seu agradecemento pola iniciativa e por sempre ser embaixadora da Real Vila. O Alcalde declarou que “é un auténtico pracer para Baiona ter un “veciña adoptiva” tan comprometida como ela e agradeceulle que o nome da localidade vinculásese á súa exitosa traxectoria”.
“Quero agradecer pola súa gran implicación coa nosa terra a María Castro esta bonita iniciativa. E por suposto tamén, grazas a todos e cada un dos que viñestes axudar. Sen o voso apoio e a vosa colaboración este bonito proxecto non podería levarse a cabo. Grazas por compartir este día connosco.”, finalizou o Alcalde.
A iniciativa da reforestación foi proposta pola actriz e contou coa colaboración da Comunidade de Montes de Santa María de Afora de Baiona, e co Concello de Baiona, e polos veciños e veciños da real vila que se puxeron ao choio e plantaron uns cen árbores entre risas e bo facer.
María Castro, quen deu os seus primeiros pasos na localidade, fará realidade uno dos seus soños este fin de semana: casar na Real Vila de Baiona.
No ano 2009 Maria Castro recibiu a Carabela de Ouro. Un galardón que outorga o Concello de Baiona a aquelas persoas ilustres de fóra do municipio para recoñecer publicamente todas aquelas accións realizadas que leven consigo o engrandecimiento de Baiona. A súa exitosa traxectoria e os seus vínculos coa vila fixérona digna deste recoñecemento. Así mesmo, o alcalde de Baiona, Anxo Rodal, converteuse o pasado ano en presidente da Asociación de Vilas. O rexedor, que asumiu o cargo por dous anos, propuxo á actriz María Castro como candidata ao terceiro Premio Vilas Mariñeiras polo seu labor de divulgación e foi galardoada co devandito premio.

Deja un comentario