+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

A DEPUTADA DIGNA RIVAS CONFIRMA O NOVO INVESTIMENTO DE MÁIS DE CEN MIL EUROS DO GOBERNO DE CARMELA SILVA PARA OUTRAS CATRO ACTUACIÓNS EN REDONDELA


Co Plan Concellos deste ano, a Deputación de Pontevedra xa destinou á vila máis de 800.000 euros

A deputada provincial Digna Rivas confirmou hoxe o novo investimento do goberno da Deputación de Pontevedra no concello de Redondela, mediante resolucións presidenciais, dun total de 103.612,67 euros, ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos, que servirá para realizar catro novas actuacións na vila. Trátase, nesta quenda, dunha achega de 38.000 euros para a subministración dun piano de cola para o edificio multiusos da Xunqueira, outra de 19.360 euros para a subministración de dúas cortinas verticais para o pavillón polideportivo municipal A Marisma, tamén 22.022 euros para o subministro de megafonía para o pavillón polideportivo municipal A Marisma, pavillón municipal de Redondela e pavillón de Chapela e, por último, outra achega de 24.230,67 euros para o acondicionamento e mellora da rúa Campo das Redes e rúa do Hospital.

Ademais destas cantidades o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o concello redondelán. En concreto, 361.067,91 euros na liña 1 destinados a subministración de caucho para a mellora das condicións funcionais do céspede artificial de dous campos de fútbol 11, á reordenación do aparcadoiro anexo á alameda de Chapela, á subministración dun palco modular para a celebración de distintos eventos en Chapela, ao saneamento no camiño Mouriño, Paparoxo e Subida Rabexa (tamén en Chapela) e á renovación das redes de saneamento e abastecemento na rúa Patrimonio, Chapela.

No que corresponde á liña 2, a Deputación de Pontevedra adxudicou 111.669,37 euros na liña 2 para o financiamento de gastos correntes novos (enerxía eléctrica, servizo de xestión tributaria). E tamén, outros 227.128,81 € foron destinados á contratación de 20 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan de Concellos 2018.

Ata este momento, a Deputación xa entregou co Plan Concellos 803.478,76 € do total destinado este ano a Redondela, de máis de dous millóns de euros.

Deja un comentario