+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

OS CONVENIOS DE FORMACIÓN ASINADOS DENDE O CONCELLO CON EMPRESAS DA AUTOMOCIÓN ACADARON NO QUE VAI DESTE ANO UN TOTAL DE 46 CONTRATOS DE TRABALLO, O QUE REPRESENTA UN 73% DOS PARTICIPANTES NOS MESMOS


O vindeiro luns, día 17 de setembro, 7 participantes no ‘Curso de carretilleiro e loxística’ no Grupo Maviva, especializado en servizos loxísticos e premontaxes para o automóbil, comezan na planta desta empresa a súa formación práctica.
Dende a Concellería de Emprego e Formación, que dirixe Soledad Girón, subliñase que no que vai deste ano executáronse xa 14 convenios de formación en empresas do sector da automoción, entre elas Maviva, Gestamp, Viza, Grupo Automotive Systems SA e Lear.
Estes convenios con empresas da automoción, que abranguen formación teórica en instalación do Concello do Porriño e formación práctica nas mesmas empresas, “contaron nos meses que transcorreron deste 2018 con 66 participantes dos que 46 foron contratados polas empresas, o que representa un 73%”.
A concelleira subliña que nalgúns casos, coma no do curso de soldadura ‘Mig Mag’, “acadouse un 100 por 100 con 8 participantes que foron contratados pola empresa coa que se asinara o el convenio de colaboración”.

Deja un comentario