+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

BAIONA, CANGAS E CERDEDO-COTOBADE RECIBEN MÁIS DE 450.000 € A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN


Os cartos destinaranse á reurbanización do acceso á igrexa de Belesar, ampliarase o almacén en Cerdedo-Cotobade e en Cangas mellorarase a rede de abastecemento

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar tres novos investimentos a outros tres municipios da provincia no marco do vixente Plan Concellos. Trátase de tres partidas por un total 456.958,08 euros para Baiona, Cerdedo-Cotobade e Cangas.

Para Baiona, o Goberno provincial deulle o visto bo a unha partida económica de 168.995,46 euros para a reurbanización e acondicionamento do acceso á igrexa de San Lourenzo de Belesar e da praza Antonio Taboada Tabanera tamén en Belesar. Con este novo investimento aprobado, Baiona leva recibido este ao, a través do Plan Concellos, máis de 417.000 euros do total asignado a este municipio, que ascende a un total de 1.582.966 euros.

Para Cerdedo-Cotobade, a Deputación vén de aprobar unha achega de 165.495,27 euros que se destinarán para ampliar o almacén municipal cunha nova planta superior. A través do Plan Concellos, Cerdedo-Cotobade ten este ano á súa disposición un total de 1.244.234,93 euros, dos que ata agora xa recibiu algo máis de 928.000 euros.

Para Cangas, a Xunta de Goberno aprobou un investimento de 122.467,35 euros para proxectos de mellora de abastecemento e saneamento nos núcleos de Arneles, Gandón e Pepe Durán. Con esta nova achega, Cangas ten recibido ata agora este ano polo Plan Concellos algo máis de 1,5 millóns de euros dun total de 1.887.110,87 euros.

Deja un comentario