+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS LEVAN A PLENO UNHA MOCIÓN CONTRA A SUPRESIÓN DA INFORMACIÓN LOCAL E CULTURAL NA RADIO GALEGA


A agrupación socialista de Cambados presenta para o seu debate no pleno local de setembro unha moción na que reclaman o mantemento dos servizos informativos locais e culturais na Radio Galega.
A formación encabezada por Fátima Abal considera que a Radio Galega é indispensable de cara á cobertura informativa de Galicia, así como para a promoción da lingua e cultura propias, polo que esixen o mantemento das desconexións locais nos informativos da Radio Galega, de cara ao mantemento dun axeitado servizo público.
Fátima Abal lembra que dende a chegada de Feijoo á presidencia da Xunta de Galicia “vense producindo un constante desmantelamento da radio e da televisión públicas de Galicia, e en especial da información local e cultural, dúas das súas principais razóns de ser, recoñecidas incluso legalmente”
“No ano 2010 foron pechadas a metade das delegacións territoriais da Televisión de Galicia, deixando de emitirse os informativos locais. Nos últimos 8 anos só sobreviviu a información local propiamente dita na Radio Galega, obxecto precisamente deste novo ataque do partido popular”, sinala a alcaldesa socialista.
Ademais do mantemento das desconexións locais, na moción tamén se pide garantir os postos de traballo nas redaccións e delegacións da RTVG, e censúrase a reducción da programación cultural específica da Radio Galege.

Deja un comentario