+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTADA DIGNA RIVAS CONFIRMA TRES NOVAS ACHEGAS POR CASE 100.000 EUROS DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN PARA PAZOS DE BORBÉN


Destinaranse á elaboración do inventario de bens municipais e á reparación do camiño municipal de Alvite–Areeiro e doutro en Outeiro

A deputada provincial Digna Rivas confirmou  que o goberno de Carmela Silva ven de aprobar, mediante resolucións presidenciais, tres novas axudas ao Concello de Pazos de Borbén por un valor total de 97.258,63 euros ao abeiro do Plan Concellos 2018. Dentro destes investimentos, 26.620 euros irán destinados á elaboración do inventario de bens municipais; outros 42.733,17 euros para a reparación do camiño municipal de Alvite a Areeiro – Nespereira; e outros 27.905,63 euros para a reparación do camiño do río Outeiro – Nespereira.

Ademais desta cantidade, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o concello de Pazos. En concreto, 38.088,97 euros destinados ao financiamento do subministro eléctrico. Tamén, outros 90.456,42 euros para a contratación de traballadores e traballadoras, dentro da liña 3.

Ata este momento, a Deputación de Pontevedra xa entregou 225.804,02 euros dos 685.564,73 totais destinados este ano co Plan Concellos a Pazos de Borbén.

Deja un comentario