+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

CLAUSURA DO CAMPAMENTO DE VERÁN EN ARBO


Os nenos e nenas do campamento de verán de Arbo comezaban a semana preparando cada un a súa capa e a súa cuncha para facer o camiño de Santiago, saimos a martes dende Roncesvalles esperando chegar a Santiago a semana que ven, mediante probas e crebacabezas ían superando as etapas .
Tiveron tamén saídas a piscina ,xogos o aire libre e unha obra de teatro que inventaron e interpretaron todas e todos

O ENTROIDO CHEGA A IMAXINARIA
Esta semana as nenas e nenos do Campamento de Verán de Arbo fixeron unha viaxe polos entroidos mais importantes do mundo (Venecia, Río de Janeiro, Cadiz…), despois de coñecelos un pouco coa xincana “Carnaval, carnaval”, fixeron cada un a súa carouta para poder xogar todos xuntos o enmascarado .
Tamén tiveron saídas a piscina ,a actuación do pallaso piruleta & cía na biblioteca municipal, xogos de pistas, xogos de igualdade, un tobogán de auga e non nos podemos esquecer da nosa primeira acampada.

NO MUNDO DE FANTASÍA.
Esta semana inda que mais curta cas demais estivo chea de diversión.
No Campamento de Verán de Arbo comezábamos a semana facendo uns animaliños fantásticos con materiais de refugallo, tiveron saída á piscina con celebración de cumpleanos, o noso xogo de búsqueda do tesouro no que coñecemos a historia da ardilla dourada e non nos podemos esquecer dos xogos de pistas.
MAXINARIA, UN MUNDO DE FANTASÍA
Propuxeron coñecer Imaxinaria, un mundo que os propios nenos e nenas axudarán a crear, e onde o máis impor tante será empregar a imaxinación, ser creativos/as, aprender sobre os valores, sobre as diferentes emocións, coñecer e participar nas diferentes tipoloxías de xogos…etc. Cun traballo en equipo de nenos e nenas, e monitores e monitoras, cada grupo establece as características do seu propio mundo de Fantasía, a súa Imaxinaria: características físicas, habitantes, seres fantásticos, vida, normas e valores, natureza, ar tes… Para o desenvolvemento óptimo do noso proxecto lúdico – pedagóxico Imaxinaria, Un mundo de Fantasía.

Deja un comentario