+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

FÁTIMA ABAL CONVERTE A CAMBADOS NUN REFERENTE NA LOITA POLA IGUALDADE ENTRE XÉNEROS E SOBRE TODO PARA CONCIENCIAR QUE TODOS E TODAS SOMOS IGUAIS.


A alcaldesa de Cambados Fátima Abal fai unha invitación pública para todos os que queiran asistir aos actos que ten programados nos próximos días en colaboración coa Deputación de Pontevedra

 

 

Fátima Abal a alcaldesa de Cambados, na súa loita pola igualdade promoveu en colaboración coa Deputación de Pontevedra A EXPOSICIÓN “ SORRISOS TRANSFORMADORES”- ARREDOR DA TRANSEXUALIDADE que está exposta no Salón de plenos desde este luns 17 ata o
28 de setembro en horario de 9:00 a 14:00 horas. Lembra tamén que este mércores
19 de setembro ás 11 da mañá haberá unha charla SOBRE A TRANSEXUALIDADE non auditorio da xuventude de Cambados, que estará dirixida por Cristina Palacios (presidenta de Asociacion ARELAS), para o alumnado e profesorado de institutos e público en xeral.

Fátima Abal fai fincapé en que “é moi importante asistir a este tipo de charlas, para coñecer máis a fondo todas as problemáticas que poden xurdir no tocante a estes temas que ata fai moi pouco eran tabú”.

Xa o ano pasado Cambados celebrou o I Simposio Internacional LGTBI de Galicia, e este ano ten previsto celebrar o II Simposio a finais de outubro. Deste xeito Cambados pasa a ser pioneiro nesta temática en toda Galicia, “e así poder axudar a todas as persoas que por algún motivo se sintan discriminadas na sociedade, empezando por nós mesmos, co cambio na forma de pensar e na nosa maneira de actuar en certas ocasións, sei que é un traballo moi lento, pero que lograremos a plena integración na sociedade de todos os colectivos, sen lugar a dúbida, o que está claro é que somos nós os que temos que ensinar aos nosos fillas e fillos os valores da igualdade e para iso temos que estar informados”.

Por todo isto fai unha invitación extensible a todos e a todas as que queiran participar na charla do día 19, ao mesmo tempo que lles convida a que gocen da exposición que estará presente no Salón de Plenos do concello ata o 28 de setembro.

Deja un comentario