+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

O CONCELLO DE ARBO REXISTRA A MARCA “FESTA DA LAMPREA SECA” PARA PROTEXER A IDENTIDADE DA FESTA


O Concello de Arbo rexistrou a marca “Festa dá Lamprea Seca” a través da Oficina Española de Patentes e Marcas, o que supón o total control do seu uso por parte da corporación municipal
O Alcalde de Arbo, Horacio Gil, sinala que esta medida “é un paso necesario e moi importante para garantir a autenticidade da festa e protexer a identidade dunha celebración que contribúe a desestacionalizar o consumo de Lamprea” á vez que “facilita a difusión e promoción da Festa dá Lamprea Seca en diferentes ámbitos e evita o uso que outras organizacións poidan realizar del, recalcándoa como unha festa propia e orixinal de Arbo”.
O número de visitantes desta festa, xa na súa XXIII edición, non para de crecer ano tras ano, atraídos pola súa exquisita gastronomía, os seus viños e a súa beleza natural, con estampas paisaxísticas tan belas como a das Pesqueiras. Un total de sete adegas e dous restaurantes participaron na edición deste ano. “Esta festa desde o seu inicio buscou dar a oportunidade de probar outras das súas moitas preparacións» sinala o alcalde. A lamprea seca sérvese frita, rebozada, rechea, en empanada e asada á brasa. As racións véndense a prezos populares e están amenizadas coa celebración do Festival “Cantos de Taberna”, charangas e múltiples actividades como unha Andaina Popular, a Feira de Artesanía ou a Festa dá Bicicleta, entre moitas outras.
Esta marca está rexistrada como distintivo denominativo, enmarcada dentro das actividades deportivas e culturais. O distintivo protexe a denominación “Festa dá Lamprea Seca” para unha enorme relación de produtos e servizos, tales como soportes publicitarios, todo tipo de pezas de vestir e elementos de costura, papelería, bixutería, utensilios e recipientes para uso doméstico e culinario, servizos e materiais audiovisuais, ata completar unha listaxe de máis dun milleiro de produtos.
Horacio Gil lembra que o rexistro da marca únese a outro tipo de medidas destinadas a impulsar esta festa de “lamprea de verán”, como o procedemento aberto para obter a declaración da “Festa dá Lamprea seca”

Deja un comentario