+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O FICBUEU PECHOU A SÚA UNDÉCIMA EDICIÓN CUNHA ASISTENCIA RÉCORD DE 15.400 PERSOAS


A partir de outubro poranse en marcha novos obradoiros cinematográficos para todas as idades
Unhas 15.400 persoas pasaron polo 11º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra) desde súa inauguración o 7 de setembro ata o pasado domingo día 16, xornada en que se pechou a ruta das Tapas 5 Estrelas. Todos os pases das seccións competitivas, así coma os actos de inauguración e clausura, penduraron o cartel de “non hai billetes” no Centro Social do Mar. Tal foi o caso ademais da maioría de actividades paralelas, coma o concerto de Xoel López, o monólogo de Carlos Blanco ou o espectáculo familiar de Paco Nogueiras. Tamén as charlas-vermú de carácter cinematográfico e os coloquios coas e cos cineastas convidados rexistraron moi boa acollida, enchendo as localidades dispoñibles no Punto de Encontro do FICBUEU.
Máis de 5.000 persoas pasaron polas proxeccións do certame, encabezadas polas seccións Internacional, España, Galicia e Panorama. Nesta cifra inclúense tamén 1.400 alumnas e alumnos dunha decena de centros educativos do Morrazo que asistiron as seccións Infantil, Xuvenil e Irmandade con ‘El meu primer festival de cinema’. Máis de 3.000 persoas acudiron ás restantes actividades, mentres que a Ruta das Tapas 5 Estrelas contou con 7.200 comensais que degustaron algún dos 14 pinchos servidos noutros tantos establecementos. O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu bateu así todos os récords de participación na súa undécima edición, cuxo programa contemplaba medio cento de propostas e 80 filmes.
A asociación FICBUEU retomará a actividade no mes de outubro ofrecendo novos obradoiros cinematográficos, a maiores dos que xa están previstos para colectivos vulnerables no marco da Área Social do festival. A proposta xorde de tras recibir varias peticións para que esta formación se abra ao público xeral, co cal se impartirán cursos para todas as idades nos que achegarse á escritura, planificación, rodaxe e montaxe dun filme. O prazo de inscrición xa está aberto e as persoas interesadas poden informarse sobre os horarios e prezo da matrícula no enderezo info@ficbueu.com ou na oficina da asociación, en horario matinal.

Deja un comentario