+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

MORAÑA INICIA AS OBRAS DE RESTAURACIÓN DO ANTIGO MERCADO E A SÚA CONVERSIÓN EN CENTRO SOCIOCULTURAL E MULTIUSOS PARA TELO LISTO EN ABRIL


Os traballos, que contan con 889.000 euros de orzamento, arrancarán a vindeira semana e teñen un prazo de execución de sete meses

 

O Concello de Moraña acaba de iniciar o proxecto de rehabilitación do antigo mercado municipal, emprazado en Santa Lucía, e a súa reconversión nun moderno centro sociocultural e multiusos. A actuación, orzamentada en 889.000 euros, arrancou cunha visita técnica da alcaldesa, Luisa Piñeiro, e os representantes das dúas firmas adxudicatarias ao inmoble para coordinar todos os detalles da rehabilitación.

Esta xuntanza serviu para definir moitos detalles e para fixar o inicio das obras físicas para a vindeira semana, estimándose a súa conclusión para o mes de abril, xa que o prazo de execución suma sete meses, cinco correspondentes ás obras de restauración e dous máis para os servizos de climatización electricidade e iluminación, que ademais case non poderán realizarse de xeito simultáneo.

Na reunión preparatoria, considerada fundamental xa que se trata do investimento máis importante e elevado do actual exercicio, estiveron presentes os técnicos municipais e representantes das firmas Planificación, Desarrollo y Gestión de Construcciones, que se encargará das obras, e Ediserpo, que executará a dotación de servizos. Abordouse a coordinación da obra e tamén cuestións como o valado da zona de obras, o que podería causar algunha pequena restrición de aparcamento na contorna durante a vindeira semana.

Auditorio e sala da terceira idade

Esta obra contempla a restauración integral do inmoble respectando e mantendo a súa fachada tradicional cara a carballeira e habilitando a súa ampla superficie para atender toda a demanda veciñal. Deste xeito, dotarase ao antigo mercado municipal dun amplo auditorio, dúas aulas formativas, un patio cuberto para actividades de lecer, unha zona polivalente orientada especialmente á terceira idade e estancias para servizos, como aseos, despachos, zona de control ou cafetería, entre outros.

A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, explicou, tras a xuntanza, que esta actuación “é un obxectivo fundamental para o goberno local co fin de poder contar co espazo

Deja un comentario