+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

A XUNTA INCIDE NA IMPORTANCIA DE AUMENTAR A PRESENZA DA MULLER NOS ÁMBITOS CIENTÍFICOS E TECNOLÓXICOS


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou na inauguración do Encontro anual de Mentoring e Emprendemento en Galicia, PontUP 2018, en Pontevedra

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou na inauguración do Encontro anual de Mentoring e Emprendemento en Galicia, PontUP 2018, na cidade de Pontevedra, onde indicou que o Goberno galego considera prioritario aumentar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxicos de Galicia, pois a maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a enriquecer a actividade científica coa contribución de novos temas e perspectivas.

Susana López Abella indicou que é necesario promover a eliminación dos desequilibrios que poidan existir no que se refire á formación científica, no campo da investigación e innovación e na xestión da I + D + i, así como situar nos estudos e actividades científicas a perspectiva de xénero nun primeiro plano, xa que a igualdade de oportunidades ten que ser o punto de partida de todas as persoas, o resultado é aquel que cada un se constrúe co seu esforzo, co seu traballo e coa súa talento.

Na inauguración do Encontro lembrou que o Goberno galeo conta co II Programa galego de muller e ciencia 2016-2020, co co obxectivo de seguir avanzando na igualdade real no campo científico; e o VII Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020 que está presente na actividade de todo a Administración autonómica e que recolle entre os seus obxectivos consolidar o enfoque de xénero e das mulleres na actividade académica, científica, tecnolóxica e da innovación.

A Xunta creou o Premio María Josefa Wonenburger, para distinguir a aquelas mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, un compromiso asumido por parte do Goberno galego dende a Secretaría Xeral da Igualdade.
A igualdade de oportunidades ten que ser o punto de partida de todas as persoas, o resultado é aquel que cada unha se constrúe co seu esforzo, co seu traballo e co seu talento. E só se favorecemos con igual énfase a esixencia, o esforzo e a excelencia, nun marco de Igualdade de oportunidades, teremos individualmente, e a sociedade no seu conxunto, máis opcións de futuro, rematou a secretaria xeral

Deja un comentario