+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

O CONCELLO DE ARBO ASINA UN CONVENIO COA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE INFRAESTRUCTURA RUAL


O pasado 7 de setembro o Director Xeral de Desenvolvemento Rural don Miguel Ángel Pérez Dubois e o alcalde do Concello de Arbo don Horacio Gil asinaban un convenio en Santiago para execución da obra de infraestrutura rural “Obras de ampliación e acondicionamento de Vial en Eidos de Arriba, parroquia de Sela”

As obras enmarcadas dentro do Plan de Infraestructuras Rurais 2018, consisten no desbroce retira de terra vexetal, desmonte e terraplenado, sendo o importe do convenio 48.399,02 €.- A execución das obras serán por parte da Consellería de Medio Rural.

Según se manifesta no convenio ás obras teñen que ver coa dinamización da base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nas zonas rurais. As obras realizadas dentro deste plan nos últimos anos foron a mellora de acceso nos Eidos de Arriba en Sela, As Searas en Arbo, Espedregada e Fontan en Cabeiras entre outras.

Deja un comentario