+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

OS MUNICIPIOS DE ARBO, CRECENTE E MELGAÇO REVISAN Os LÍMITES INTERNACIONAIS


Un ano máis o Concello de Arbo e a Camara Municipal de MelgaÇo asinan os documentos de Revisión de Limites entre España e Portugal
O Alcalde de Arbo Horacio Gil e o Presidente da Camara de MElgazo Manoel Batista Calzada Pombal, asinaron no Salon de Plenos do Concello de Arbo a revisión de limites entre España e Portugal nos terminos establecidos no Tratado de Limites. No mesmo acto o alcalde de Crecente Julio César García Luengo Perez, tambien asístia ao acto e asinaba a súa acta co Presidente da Camara de MelgaÇo

Os alcalde dos tres concellos, cambiaron os documentos dos seus plenos poderes atopados na debida forma por todos recoñecida e iniciáronse os traballos de visita que se tiñan acordados ao convir esta reunión.

Nos termos do Art. 25 º do Anexo 1º do Tratado de Límites do 29 de Setembro de 1.864, foi recoñecida a liña fluvial do Río Miño, que serve de fronteira entre Portugal e España, observándose que en ambas as marxes e no curso do río non houbo outras alteracións que as anotadas nas actas de vistas anteriores.
Isto é un acto que vén realizando deas o ano 1864 entre os dous municipios limitrofes e que pon de manifesto a gran colaboración que existio e existe entre ambos os municipios, entre ambos os paises, a novidade deste ano é o acordo entre os tres Municipio (Arbo, MelgaÇo e Crecente) de unirse neste acto, que cada ano celebrásese nun concello distinto.
O alcalde Horacio Gil, manifieta que a colaboración entre os nosos dous paises vén sendo desde outrora, e non só neste acto, e que a incorporación do Concello de Crecente débese á afinidade con Arbo, e na unión destes tres municipios e a colaboración que teñen entre eles.

Deja un comentario