+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

PONTE CALDELAS PECHOU O SEU PROGRAMA “CALDELAS VIAXA” CUNHA EXCURSIÓN A BRAGA E GUIMARAES


O Concello programa xa a edición do ano próximo, que se amplía ata as 8 saídas

O programa de dinamización social “Caldelas Viaxa” chegou á súa fin este domingo cunha excursión que percorreu os fitos máis turísticos das localidades portuguesas de Braga e Guimaraes. A expedición caldelá contou coa asistencia do alcalde, Andrés Díaz, e do tenente de alcalde Lito Muíños en representación de todo o Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG).
Remata así unha rolda de seis saídas celebradas ao longo do ano. O programa caldelá é gratuíto para a veciñanza, pois as persoas que se inscriben só deben abonar o custo da comida.
Do éxito deste programa dá boa conta o feito de que este domingo desprazáronse 275 persoas, unha cifra que comeza a ser habitual nos domingos do “Caldelas Viaxa”. A actividade está limitada a persoas empadroadas no Concello de Ponte Caldelas.
O Concello prepara xa o calendario do ano próximo, no que se prevé crecer ata as 8 excursións. O sistema de inscrición, por orde de entrada e previa reserva, mantense diante do bo funcionamento deste ano.
O Goberno local anuncia que a primeira saída será a Asturias, con visita á zona de Covadonga, e será a dunha fin de semana completa. Ao longo do ano repetirase a visita a Ferrol, con paseo en ferry incluído, dado que está limitada a 150 persoas pola capacidade do barco. Tamén repetirase unha das do ano próximo na que o número de solicitudes desborde a capacidade existente. Terán preferencia as persoas que teñan quedado fóra na primeira convocatoria.

Deja un comentario