+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

O CONCELLO DE ARBO SOLICITABA UNHA ACHEGA CON CARGO O PLAN CONCELLOS 2018-2019 DA DEPUTACION CO DESTINO O FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO PARA A OBRA “AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO EN URZAL E CIVIDA”


O concello de Arbo recibe unha axuda con destino o financiamento da obra ampliación da rede de saneamento en Urzal e Cividade na parroquia de Barcela.
As obras consisten na excavación da zanxa para o alonxamento do colector e dos pozos de rexitro, axustando os seus niveis ao perfil que figura no proxecto, recheo e compactación das zanxas, traslado de peches e pavimentación do camiño.
Esta obra pretende dar unha solución a situación actual, mediante as actuacións para incorporar melloras no caudal e enganches das edificación asentadas nos camiños dos barrios de Urzal e Cividade.
Asemesmo o camiño polo que se pretende apoiar a rede para a súa implantación non dispon dun ancho adecuado para o transito de vehículos , polo que se procedera o ensanche para conseguir circulación segura.

Deja un comentario