+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

A FESTA DA LAMPREA SECA DE ARBO ULTIMA TRAMÍTELOS PARA CONVERTERSE EN FESTA DE INTERESE TURÍSTICA DE GALICIA


A Festa da Lamprea Seca, aspira o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Autonómico

Concello de Arbo aprobou por unanimidade no pleno do pasado 24 de setembro, a solicitude de declaración da Festa da Lamprea Seca como Festa de Interese Turística de Galicia, coa presentación ante a Xunta, dunha memoria e informes que xustifiquen dita condición. Ambos grupos políticos (Partido Popular e Agrelar) puxeron de manifiesto que la lamprea e o sinal de Identidade de Arbo e polo que se nos coñece a nivel autonomico, nacional e internacional.
O organismo autonómico a través de Turismo de Galicia deberá agora estudar todos os informes presentados polo Concello para dar o visto bo a esta solicitude. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, afirmou que “é unha gran alegría para nós e tamén unha enorme satisfacción poder optar a este recoñecemento dunha festa que contribúe a desestacionalizar o consumo de lamprea e que vai xa polo seu XXIII edición”. Gil recalcou tamén o intenso traballo levado a cabo polo Concello, xuntando papeis e documentos, para argumentar a solicitude, afirmando tamén que “é unha distinción non só para Arbo senón tamén para todos os seus paisanos, os restaurantes e as adegas que participan cada ano na Carballeira de Turbela”. Neste sentido apuntou que o condecoración será “un aliciente máis para seguir mellorando a nosa festa e actos co obxectivo de que sexa cada vez mellor e recibamos máis visitantes probando a mellor Lamprea e o mellor Viño”.
O alcalde tamén agradeceu o esforzo e dedicación de todos os que fixeron e posibilitaron que o festival lamprey cada ano tivese un maior fluxo de visitantes.

Deja un comentario