+034 986 09 02 04 Luns 06 de Xullo de 2020

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA LEVARÁ UNHA PROPOSTA AO PLENO DO CONSORCIO PARA A EQUIPARACIÓN SALARIAL DOS EFECTIVOS CONTRAINCENDIOS


Tal e como requiren os informes técnicos, o goberno provincial proporá á Xunta de Galicia a posibilidade de activar o mecanismo da Lei de Emerxencias

A Deputación de Pontevedra proporá á Xunta de Galicia, no pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios, que explore a activación da Disposición Adicional terceira da Lei de Emerxencias para posibilitar a equiparación salarial do persoal cos efectivos dos parques do Consorcio de Ourense e máis recentemente de Lugo, tal e como ven defendendo o goberno da institución.

O deputado Carlos Font confirmou hoxe que esta será a proposta na sesión monográfica e extraordinaria do Consorcio que xa está convocada para o próximo 3 de outubro, proposta motivada polo informe dos técnicos da Deputación de Pontevedra, que consideran que, sen a activación deste mecanismo da Lei de Emerxencias, a institución provincial “non pode, de forma legal, adoptar acordo favorable sobre a equiparación retributiva do persoal da empresa concesionaria co persoal da concesionaria de calquera outro Consorcio, xa sexa da propia provincia ou de outra”. De feito, o informe abre esta vía da disposición adicional da Lei de Emerxencias para que a Xunta acade un acordo coas Deputacións de Galicia e que sexa posible que o Consorcio Provincial de Pontevedra poida, legalmente, aprobar a equiparación retributiva.

O deputado Carlos Font expresou o seu desexo de que “sexa posible chegar a consensos, tendo en conta que no último pleno do Consorcio Contra Incendios, tanto o goberno da Deputación como os representantes da Xunta de Galicia manifestaron a súa vontade política de que a homoxeneización dos salarios fose unha realidade e de poñer en marcha o proceso”. Font recordou que “o goberno desta Deputación ven dando todos os pasos para conseguir esta equiparación, por entender que é unha reivindicación plenamente xustificada para que o persoal que realiza os mesmos traballos perciba as mesmas remuneracións”.

Deja un comentario