+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

BAIONA VIVE A ROMARÍA DE SAN COSME E DAMIÁN


Hoxe e mañá, como cada ano, reuniranse miles de fieis na contorna de Santa Liberata, para participar nalgún dos cultos que se celebran en honra aos santos, para gozar das actuacións musicais ou ben para participar no tradicional mercadillo de froitos do campo e produtos otoñales.

Entre o 25 e o 26 de setembro, este último festivo local en Baiona, ofícianse actos relixiosos na honra dos santos e como obriga a tradición, algúns romeus ofrecerán os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polos favores recibidos.
Durante dous días a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces ata froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas, artesanía, etc. O mercado se extendiende tamén por cálea Marqués de Quintanar ata a Glorieta de Colón.
Ademais, o mercado vai ser amenizado coas actuacións de grupos folclóricos, pandeireteiras e pasacalles. A festa comezou hoxe martes ás 11:00 horas coa tirada de lumes e as 18:00 horas levará a cabo un pasacalles a cargo do grupo de gaitas “Vos Trebellos” de Baíña polo Recinto de Santa Liberata.
O mércores día 26, día principal da Romaría e festivo local, haberá misas ás 8 e 9 da mañá na capela de Santa Liberata. Ás 11:00 horas e, tras a tirada de bombas de palenque, sairá a procesión que percorrerá as rúas do casco antigo, acompañada polo grupo de gaitas “A Seneira” de Baiona e a continuación ás 12:00 h, terá lugar a misa solemne. Ás 13:00 h e ás 19:00 está previsto que actúe novamente o grupo de gaitas “A Seneira” e a escola de danza “Vila de Baiona” no recinto de Santa Liberata. As misas na Excolegiata serán ás 10:00, 12:00 (Solemne), 18:00 e 20:00 h.

Deja un comentario