+034 986 09 02 04 Luns 22 de Outubro de 2018

A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, ven de conseguir unha axuda de 50.000€ para obras de mellora do Centro de Saude


Cambados recibe a concesión dunha subvención ; compromiso de gasto de importe 50.000€ para melloras do Centro de Saude

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega para o concello de Cambados ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2018. A solicitude do concello relativa ao financiamento do investimento “Melloras no Centro de Saude” foi presentada dentro do prazo recollido na convocatoria do Plan Concellos 2018-2019, e asemade adxuntou a documentación precisa para a válida concesión da subvencion. Unha vez comprobado que o obxecto de investimento adecuábase dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8º, da Liña 1-Investimentos a subveción de 50.000€ foi concedida.
O Concello realizará diferentes actuacións no Centro de Saude entre as que cabedestacar a substitución da porta de Urxencias, o cambio de solo en Urxencias , pintar oexterior e interior ou o selado da carpintería exterior.
Fatima Abal bota de menos unha implicación maior da Xunta de Galicia que era quen tiña que realizar estas melloras. Polo cal tivo que axudarse da Deputación de Pontevedra para poder ter unhas instalacións acordes aos veciños e veciñas de Cambados e quere recalcar que inda queda moito por facer. E espera que a Xunta non faga oídos sordos das peticións da alcadesa do Concello de Cambados.

Deja un comentario