+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

O PP ADVIRTE QUE COAS NOVAS HUMANIZACIÓNS ELIMINARÁNSE MÁIS DE 150 PRAZAS DE APARCADOIRO EN SUPERFICIE NO CASCO URBANO DO MUNICIPIO


O PP considera que a humanización do entorno da piscina, pavillón e centro médico debe acompañarse dunha proposta de aparcadoiros que non sexa provisional senon definitiva

O PP de Ponteareas lamenta unha vez máis a improvisación de Represas e o seu goberno tripartito que aprobaron unhas humanizacións sen contar cun proxecto de aparcadoiro definitivo. “Tendo en conta as prazas en superficie que vanse eliminar é necesario facer un proxecto dando solución a este problema que vai xerar estas novas obras. Lembramos ao Goberno tripartito que non existe ningún tipo de aparcadoiro na zona. Tras a nosa advertencia, Represas intenta negociar con parcelas privadas próximas un aparcadoiro provisional. Isto non é solución xa que o propietario da leira cando queira destinar a parcela a outro uso, como é lóxico e posible cando se aprobé o Plan Xeral, deixaría sen servicio de aparcadoiro a zona”.

Represas continúa coa sua política de parches e non quere dar solución ao problema de aparcadoiro que vai xerar as novas humanizacións proxectadas. “Estamos falando dun entorno que presta moito tipo de servizos, necesarios dun aparcadoiro. No centro médico os usuarios son na maior parte persoas maiores e enfermos que necesitan dun aparcadoiro próximo. Á piscina e ao pavillón acuden semanalmente moitos pais de todo o municipio cos seus fillos, hai que facilitarlles a tarea de deixar e recoller os nenos, non complicala”.

 

Ademais, en referencia ao proxecto, ao PP chámalle a atención que contemplen manter a minigasolineira despois de anos criticando BNG e PSOE “o perigosa que era mantela nesa ubicación”. Por outra banda decidiron eliminar a que podía ser unha oficina de Turismo, se decidiran restaurala e non tirar con ela. Por último lamentan que non se contemplen beirarrúas no tramo de subida ó Centro Médico dende a gasolineira.

Deja un comentario