+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

O GOBERNO DE NIGRÁN LEVA A PLENO POR SEGUNDA VEZ A MODIFICACIÓN DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DO PLANEAMENTO


O voto en contra de Nigrán Decide e a abstención de PP e BNG impediu que esta proposta de goberno saíse aprobada no pleno de marzo
O goberno de Nigrán volve a levar mañá a Pleno a súa proposta de modificación puntual número 25 das Normas Subsidiarias que rixen o planeamento de Nigrán dende 1991 ante a petición por escrito de cinco entidades veciñais do municipio. A proposta, que require maioría absoluta, detalla nesta ocasión con maior profundidade cales son os viais tipo 4 (os camiños máis estreitos) e qué se considera exactamente un muro tradicional. O obxectivo deste pequeno cambio, imprescindible para que a modificación poida regresar a pleno, é establecer criterios obxectivos que eviten calquera arbitrariedade e que permitan unha interpretación máis fácil.
A modificación xa fora levada polo goberno á sesión de marzo sen que se acadase a súa aprobación debido ao voto en contra de Nigrán Decide e a abstención de PP e BNG, motivo polo que as entidades veciñais ‘A Irmandade de Priegue’, ‘Monteferro de Panxón’, ‘A Camoesa’ de Camos, ‘A Unión de San Pedro’ e ‘O Castro’ de Chandebrito (todas elas integrantes do Consello Sectorial do PXOM) fixeron esta petición ao goberno e, ao mesmo tempo, solicitasen á oposición que “apoien a proposta”. Tódalas entidades son coñecedoras dos beneficios que suporía para moitos veciños esta aprobación porque foi tratada no Consello Sectorial de febreiro e, posteriormente, o 29 de maio mantiveron unha reunión informativa no Concello con técnicos municipais. A conclusión unánime, recollida no seu escrito, é que a modificación sería “beneficiosa para a xeralidade dos cidadáns de Nigrán’
A realidade é que se trata dunha proposta exclusivamente técnica para adaptar ás NNSS á actual Lei do Solo, polo que conta con tódolos informes sectoriais favorables e permitiríaa rebaixar as restricións aos veciños en aspectos como ampliacións ata un 50% en núcleos rurais, reducir os retranqueos ou relaxar as condicións estéticas. No substantivo, o corpo das NNSS mantívose vixente en Nigrán ao longo de case 30 anos e, polo tanto, ao marxe da constante evolución do marco normativo, identificando os técnicos municipais disfuncións que dificultan obxectivos como a rexeneración e renovación urbana ou rehabilitación e eficiencia enerxética. “Seguimos adiante co PXOM e a bo ritmo, pero mentras non se aproba esta modificación permitiría aos veciños do rural cuestións tan importantes como ampliar a súa vivenda en caso de necesidade ou facer unha nova división interna da casa, así que a cidadanía sería a directamente beneficiada deste cambio, especialmente os que teñen unha vivenda anterior a 1975, cando non existía a Licenza de Ocupación”, explica o alcalde, Juan González, quen non entende “cómo a oposición o rexeitou no pleno de marzo”.
“Non se pretende introducir cambios no modelo urbanístico das NNSS, esa tarefa lle corresponde ao PXOM, tampouco se pretende variar a calificación do solo ou aumentar a intensidade edificatoria. Só se trata de pequenas correccións puntuais nas NNSS para solucionar contradiccións coa normativa autonómica e estatal en vigor e resolver así deficiencias detectadas durante este tempo na oficina municipal de Urbanismo”, resume o edil de Urbanismo, Diego García, quen inciden que me a Nigrán “non lle afecta o Plán Básico Autonómico de Urbanismo que se ven de aprobar”.

Deja un comentario