+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

CONFERENCIA SOBRE A MOBILIDADE TRANSFRONTEIRIZA


Unha xornada moi didáctica

Onte abrimos a Semana da Eurocidade da mán de Teresa Ventín – Coordinadora do Eures Transfronteirizo, para tratar, falar e dar información sobre un tema de interese para nós como é a mobilidade transfronteiriza. A esta charla acudiron un amplo abanico de persoas, dende veciños e veciñas interesados pola información, persoas traballadoras, empresarios, avogados, asesores, xestores, xuristas…

O primeiro que temos que discernir é quen é ou que significa ser traballador transfronteirizo. A primeira e máis simple definición é aquel que vive nun país e traballa en outro, pero ademais temos que ter en conta varias cuestións e definicións a hora da lexislación laboral aplicable, a cobertura da Seguridade Social e a fiscalidade.

Para a Seguridade Social un traballador transfronteirizo é aquela persoa que vive nun país e traballa en outro, desprazándose todos os días ou 1 día a semana polo menos, por mor de motivos laborais.

A nivel fiscalidade: o acordo existente entre España e Portugal dí que un traballador transfronteirizo dende o punto de vista fiscal é o que vive nun país, traballa en outro e se move normalmente todos os días para traballar, o resto considérase traballador non residente.

A través desas definicións a poñente deu respostas a problemas cotiáns para este tipo de persoas traballadoras, como pode ser a qué lexislación laboral están suxeitos, en qué país teño dereito a asistencia sanitaria, cándo se acaba a relación laboral ónde teño que requirir a prestación por desemprego, ónde se descontan os impostos, unha vez alcanzada a idade de xubilación en qué país debo solicitala e unha pregunta moi habitual tamén, qué necesito para entrar co meu vehículo todos os días noutro país para ir traballar.

Durante máis de dúas horas Teresa Ventín deu resposta a estas preguntas e moitas máis que se deron durante esta conferencia entre todos os asistentes.

Dado o grande interese que despertou a xornada, a Eurocidade tratará máis polo miudo este tema en próximas xornadas

Deja un comentario