+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

O CONCELLO DE NIGRÁN E ASEFOGA REPARTEN TRAMPAS CONTRA A VESPA VELUTINA


Un stand informativo financiado pola Deputación de Pontevedra estivo instalado fronte ao consistorio
O Concello de Nigrán acolleu un stand informativo sobre a vespa velutina da Asociación Forestal Galega (ASEFOGA) en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Dous técnicos informaron aos interesados sobre esta especie invasora, ao tempo que repartiron medio cento de trampas realizadas de xeito artesanal con botellas de auga. O obxectivo é promover a sensibilización da opinión pública fronte á problemática que conleva, reducir o seu impacto ambiental na comarca, reducir o uso descontrolado de trampas non selectivas e mellorar o coñecemento da especie.
Dende o Concello de Nigrán, a través do edil Alfonso Vázquez, repartíronse este ano gratuítamente entre os veciños 100 trampas (que se suman ás 150 anteriores) e 100 litros de líquido atraínte. Asemade, o propio Alfonso Vázquez fumigou cen niños, o último hoxe mesmo.

Deja un comentario