+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

SINATURA DE PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO E A ASOCIACIÓN HUMANITARIA DOS BOMBEIROS VOLUNTARIOS DE MONÇAO


Un paso máis para unha integración efectiva de dous pobos irmáns

Hoxe, no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño reurironse o Presidente da Cámara de Monçao, o Presidente da Asociación Humanitaria dos Bombeiros Voluntarios de Monçao e o Alcalde de Salvaterra de Miño, co fin de firmar un acordó de intencións que busca formalizar e dar un contesto de seguridade xurídica a esa relación, a esa axuda mutua que se estaba dando entre os Bombeiros de Monçao e o noso municipio e que buscará dar un paso máis no longo destes meses vertebrando un marco onde este convenio se poida trasladar ao propio centro do 112 a hora de activar o protocolo de emerxencias.

Neste acordo recoñecese a axuda prestada, que agora a través da Eurocidade ten que ter un papel mais activo na regulación da asistencia mutua a desenvolver en situación de emerxencias e definir as directrices para outras formas de cooperación comprometendose a actuar de maneira articulada en incendios urbanos e industriais e operación de busca e salvamento no Concello de Salvaterra de Miño, adoptando políticas que posibiliten, faciliten e soporten a actuación dos Bombeiros Voluntarios de Monçao no noso municipio.

Deja un comentario