+034 986 09 02 04 Martes 11 de Decembro de 2018

CERDEDO-COTOBADE ABRE ATA O LUNS 8 DE OUTUBRO A INSCRICIÓN NA III LIGA FEDERADA DE FÚTBOL-7


 

Trátase da cuarta edición deste torneo e a terceira baixo a normativa e o regulamento da Federación Galega de Fútbol

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de abrir a inscrición, ata o vindeiro luns 8 de outubro, na terceira edición da súa Liga Federada de Fútbol-7, unha competición consolidada e que ten moita aceptación tras estrear este formato profesional en
2016 e experimentar un forte ascenso na participación de clubes e deportistas a pasada tempada. Trátase da cuarta edición deste torneo, que xa foi organizado en 2015 exclusivamente polo Concello e que, desde a tempada 2016/2017, regúlase baixo a normativa e as arbitraxes da Federación Galega de Fútbol co obxectivo de adaptarse á lexislación deportiva.

Os clubes interesados en participar nesta competición poden recabar toda a información necesaria para formalizala chamando ao Concello a través do teléfono 986 760001 na extensión número 3. Cómpre lembrar que a inscrición será gratuíta e que só haberá que abonar 12,50 euros por equipo e partido en concepto de arbitraxe.

A Liga xa está deseñada, á falla de que se defina a cifra de clubes participantes, e os partidos xogaranse todos os mércores, desde o mes de outubro, a partires das 21.15 horas no campo de fútbol municipal de As Extremas. En caso de que se acadara unha cifra elevada de equipos, tamén se habilitarían os xoves para os encontros.

Este ano haberá, como premios, trofeos para os tres primeiros equipos participantes.

Esta nova edición do campionato foi valorada moi positivamente polo presidente de Cerdedo- Cotobade, Jorge Cubela, “xa que se lle dá continuidade á competición celebrada os tres últimos anos con moito éxito e consolídase baixo o paraugas da Federación Galega de Fútbol, tal e como esixe a lexislación, polo que todos os xogadores estarán asegurados e haberá arbitraxes de primeiro nivel”.

Deja un comentario