+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

O ALUMNADO DO INSTITUTO ARXENTINO-GALEGO SANTIAGO APÓSTOLO VISITA BAIONA EN VIAXE DE ESTUDOS


Esta mañá o Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, recibiu no Concello a un grupo de estudantes do Instituto Arxentino- Galego Santiago Apóstolo.

O Alcalde deu a benvida aos mozos resaltando a importancia destes proxectos internacionais, xa que á parte de servir para que se coñeza Baiona no exterior, neste caso en Arxentina, serven para afianzar os lazos entre ambos os lugares, moi unidos debido á gran cantidade de galegos, entre eles moitos baioneses, que emigraron a este país.

Os estudantes recibidos no consistorio son alumnos do Instituto Arxentino- Galego Santiago Apóstolo, o único centro que está financiado pola Xunta de Galicia fóra das fronteiras da nosa comunidade. Os alumnos, na súa gran maioría descendentes de galegos, imparten clases de lingua galega así como tamén materias de cultura galega, historia de Galicia, xeografía…

Os mozos que se atopa no seu último curso de estudos antes de iniciar a universidade realizan a viaxe a Galicia como excursión de fin de curso.

Chegaron á nosa comunidade o pasado día 21 de setembro e durante 15 días percorrerán diferentes zonas de Galicia, xa estiveron en Santiago de Compostela e na Coruña, e prevén percorrer as catro provincias.

Tras a visita ao consistorio baionés os mozos fixeron un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da Real Vila, guiados por unha das técnicas de turismo do Concello de Baiona, entre os que se atopan o monumento a Capela de Santa Liberata, Ex – Colexiata de Santa María de Baiona, o Convento das Dominicas, o Centro histórico, o azulexo da Arribada situado no Paseo Ribeira para terminar, como broche final da visita, cun percorrido polo museo flotante da Carabela Pinta.

Deja un comentario