+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

O GOBERNO DE SALCEDA LEVA A PLENO A APROBACIÓN INICIAL DO INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS


As propiedades municipais inventariadas ascenden a preto de 25,5 millóns de euros entre Bens Inmobles –incluídas vías públicas e rede eléctrica– Dereitos Reais, Mobles especiais, Vehículos e Mobiliario

O Goberno local de Salceda de Caselas levará a Pleno para súa aprobación, este vindeiro luns, 1 de outubro, o Inventario valorados dos bens e dereitos que constitúen o patrimonio da Entidade local, tal e como establece no seu artigo 34 o Regulamento de Bens das Entidades Locais.
O inventariado e valoración destes bens e, para o alcalde de Salceda, Marcos Besada, non só unha obriga legal “senón un xeito de defender os intereses da veciñanza porque son bens de todos e todas”. Nese sentido Besada subliñaba que “é preciso que a cidadanía coñeza, con detalle, cal é o patrimonio do seu Concello”.
Segundo a proposta que se levará á sesión plenaria da Corporación, o Concello de Salceda conta cun patrimonio inventariado de 24.464.800,85 euros, distribuídos entre Bens Inmobles, cun total de 1.208 bens, nos que se inclúen fincas urbanas e rústicas, vías públicas, rede eléctrica e instalacións de auga e saneamento.
No epígrafe de Dereitos Reais, Salceda conta cun total de 3 bens inventariados, mentres que en Mobles Especiais son 19 os bens que figuran no documento.
No que a Vehículos Municipais fai referencia, o inventario recolle un total de 10 mentres que en Mobiliario son un total de 1.234 elementos os detallados nesta listaxe.
En caso de se aprobado, o expediente do inventario expoñerase ao público por un prazo de 20 días hábiles mediante o anuncio no BOPPO. No caso de non presentarse reclamacións, entenderase elevada a definitiva a aprobación do documento.

Deja un comentario