+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

O CONCELLO DE PONTE CALDELAS OFRECE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO ÁS FAMILIAS SEN RECURSOS


O programa municipal ten carácter complementario aos que desenvolven outras Administracións

P
O Concello de Ponte Caldelas lembra ás familias dos alumnos/as dos centros educativos do municipio que teñen ao seu dispor as axudas municipais para adquisición de libros de texto.
Están dirixidas principalmente aos tramos de Infantil e Bacharelato, que son os ciclos que non reciben bolsas doutra Administración pública. Ademais, este ano amplíase ao Ensino Secundario, pero só nos casos nos que a bolsa da Xunta de Galicia non sexa suficiente para que os nenos e nenas teñan todos os libros e material necesario, polo tanto, neste caso, terán sempre un carácter complementario.
O Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) acentúa así a súa aposta polo apoio ás familias cunha situación económica máis precaria e que precisen o apoio nunha época do ano no que os gastos se disparan. Unha medida que encaixa no substancial incremento das partidas de servizos sociais, que experimentaron un crecemento superior ao 100% durante este mandato municipal.
As axudas xa foron expostas directamente ás Asociacións de Nais e Pais e ao persoal dos centros educativos, pero para que a información chegue a toda a poboación emitiuse un bando da Alcaldía como recordatorio.
As persoas interesadas, que deben cumprir os mesmos requisitos que se esixen para acceder ás axudas de Emerxencia Social, deben dirixirse canto antes aos Servizos Sociais municipais.

Deja un comentario