+034 986 09 02 04 Martes 11 de Decembro de 2018

OS SOCIALISTAS DE CERDEDO-COTOBADE ESTÁN FARTOS DA BANALIZACIÓN DA POLÍTICA E FALTA DE HONESTIDADE DE CUBELA


A diferenza das acusacións emitidas por parte de Jorge Cubela, o secretario do Concello de Cerdedo-Cotobade dá fé de maneira pública e notoria de que os socialistas votaron en unanimidade xunto co partido popular en contra da obra de Viascón. O acta do pleno reflicte que os socialistas abandonan a sesión tras a votación e por mor dos comentarios “ chulescos” e indignos por parte de Cubela.
Os socialistas de Cerdedo-Cotobade laméntanse da “ balseirización” de Cubela, a aprendizaxe dos peores usos e costumes en política herdados do rexedor cerdedense onde a base de mentiras, calumnias e falta de honestidade pretende camuflar, con circos mediáticos, a realidade. E o que dita a realidade a día de hoxe é que a pesar de haber acordo unánime de todos os partidos, o partido popular no seu momento non alegou contra a obra de Viascón, co cal é o único responsable da situación actual. Feito que demostran os documentos oficiais e rexistrados, así como tamén demostran, a pesar das mentiras públicas de Cubela, que os socialistas votaron cos veciños no último pleno e o único motivo para o seu abandono é a falta de decencia e honestidade do rexedor.
É hora de que Jorge Cubela abandone esta fuxida cara a adiante en forma de circo mediático, enfocando a atención cara a polémicas irreais causadas polo mesmo, e afronte a realidade sobre a súa xestión, que é que o mesmo cavou a súa propia focha da vergoña. Por moito que o repita mil veces, unha mentira non se converte en realidade

Deja un comentario