+034 986 09 02 04 Martes 11 de Decembro de 2018

A CAMPAÑA SEPARAR CON XEITO CHEGA O CONCELLO DE ARBO


O Pasado 12 de setembro, coincidindo co mercado municipal que organiza o Concello de Arbo todo os mércores na Praza do Concello, tiña lugar unha xornada divulgativa para estimular a concienciación da cidadanía sobre a necesidade de separar os residuos sólidos urbanos e favorecer o reciclaxe.
Esta campaña organizada pola Colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecoembres, e solicitada polo concello de Arbo, xa é a terceira vez que visita Arbo. O Stand de “Separar con Xeito” estivo presente en Arbomostra durante os días da Festa da Lamprea en Abril e na Carballeira de Turberla os dias da Festa da Lamprea Seca que tivo lugar os días 11 e 12 de agosto.
Os responsables do stand derón informacion e pautas os participanters de cómo separar correctamente.
Dende o Concello de Arbo, estamos apostando pola separaciónde residuos e pola reciclaxe, confirma o alcalde do Concello Horacio Gil, que informa que nos últimos anos se teñen colocado máis colectores para a recollida de plastico, carton e vidro, así como un colector de voluminosos que se coloca cada 15 días nun barrio distinto da xeografía arbense, donde os veciños e veciñas poden depositar os residuos de gran tamaño. Dende o Concello de Arbo, tamén queren pedir aos veciños que usen o colectores para o fin que lles corresponde, amarelo (Plástico e envases lixeiros), azul (papel e cartón) e Iglus para vidro, e que non depositen o lado dos colectores municipais ou nas beirraruas ningun residuo, nos recorda tamén o rexedor Arbense que o Concello dispon de Punto Limpo sito o lado do Campo de Fúlbol que esta aberto o público os mercores e sábados de 11 a 18.00 horas

Deja un comentario